Orlando Viveiro e Hixinio Flores presentaron os itinerarios que o próximo sábado, día 8 de agosto, andaremos pola zona da Fonsagrada. Mediante fotos e imaxes, e comentarios, aproximáronnos a unha das comarcas máis interesantes de Galiza, e quizabes das máis descoñecidas. Patrimonio material e natural, música, artesanía... unha riqueza que, contra vento e marea, aínda posuímos.

D. Xosé Manuel Blanco Prado é profesor de Filosofía no I.E.S. “Xoán Montes” de Lugo e Doutor en Historia. Publicou os seguintes libros: “Romaxes da Terra Chá”. “Religiosidad popular en el municipio de Begonte” e, tamén, “Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses”. É coautor das seguintes obras: “Cruces e Cruceiros do concello de Begonte, “Begonte: Pasado e Presente” e “ Tempos de Festa en Galicia” .
Publica contidos relacionados coa antropoloxía cultural, etnografía e a historia en diversos boletíns informativos e revistas culturais, como o Boletín do Museo de Lugo, Lucensia, Lucus, Estudios Mindonienses, Croa, Pena do Encanto, Boletín de Estudios Chairegos, Castiñeiro Milenario, Diario “O Progreso de Lugo” etc. Desde 1993 traballa con Fernando Arribas Arias e Mario Saavedra no proxecto Carboeira, cuxa finalidade e levar a cabo unha catalogación e inventario dos cruceiros da Terra Chá. Tamén colabora en revistas dixitais, como “Galicia Encantada” e “Culturas Populares”.
Acadou as seguintes distincións: IX Certame Literario da Terra Chá (1972). Premio de Periodismo 'Manuel Mato Vizoso' (anos 1982 y 1984) e Premio 'Cal da Loba' das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego (1999). Fue nomeado 'Milagrosista 1997'.
![]()
Natural de Viladequinta de Valdeorras (Ourense), estudou Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca, e Xermanística, Historia, Filosofía e Teoloxía nas alemás de Ratisbona e Munich. É doutor en Teoloxía e Filosofía pola Universidade de Munich. Nesta Universidade foi ademais wissenchaftlicer Assistent (= Axudante de cátedra) do Prof. Leo Scheffczyk durante oito años.
Adscrito desde o ano 1982 ao Consello Superior de Investigacións Científicas, na actualidade é científico titular do CSIC con destino no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” (Santiago de Compostela), onde ademais de ser secretario de publicacións, participa en varios proxectos de investigación sobre a historia de Galicia, ao mesmo tempo que está elaborando una Historia das Encomendas da Orde de Malta en Galicia, da que xa apareceu o primeiro volume. É tamén autor de numerosos libros e artigos, en alemán, galego e español, sobre historia, teoloxía e filosofía.
Cenlle (Ourense), 1947. Mestre, historiador e etnógrafo. Membro da extinta sección de Etnografía e Folclore do Instituto “P. Sarmiento” de Estudos Galegos (secretario da devandita sección dende 1984); do padroado do Museo do Pobo Galego (1984), secretario (1992 a 1997) e vocal da Xunta rectora; da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega, etc. Galardóns: "Premio Concello de Ponteareas, 1983" por Aproximación a la historia de Ponteareas; "A la mejor labor continuada" en prensa do certame do Ministerio de Cultura sobre “Artes y Tradiciones populares”, os anos 1983, 1884, 1885 e 1986; premio "Investigación-1987" da Deputación Provincial de Pontevedra por A festa dos maios en Galicia; "O Maio", galardón anual da Asociación de Veciños "Casco Vello" de Vigo, 1990; premio "Investigación-1992" da Deputación de Pontevedra por A producción tradicional do ferro en Galicia: as grandes ferrerías da provincia de Lugo; “Curuxa de honra” do Museo do Humor de Fene, 1999; coautor de O Ribeiro. O viño da cultura. A cultura do viño, premio mundial ao mellor libro publicado sobre o viño en 2001 (“Gourmand World Wine Books Award 2001”); premio de investigación “Raigame”-2008, etc.
Colaborador da Gran Enciclopedia Gallega, asesor da Enciclopedia Galega Universal, e do consello consultivo e colaborador da Gran Enciclopedia Galega.
Colabora en prensa dende 1965 (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, O Correo Galego, Galicia Hoxe...). En 1969 publica o primeiro folleto ao que seguirán varios libros, entre outros, Castelao: caricaturas e autocaricaturas (1986), A festa dos maios en Galicia (1989), O concello de Rois (1990); "Aproximación etnográfica á cultura material da montaña lucense ", vol. II de Antropología y Etnografìa de las proximidades de la Sierra de Ancares (1991), As festas cíclicas do ano (1992), A coca e o mito do dragón (1993), A producción tradicional do ferro en Galicia; “Arquitectura e tecnoloxía populares no val de Ancares (León)” (1996), “Cousas da vida” no Faro de Vigo, por Castelao (2001), “Aspectos lingüísticos e tecnolóxicos do Val de Fornela” (2002), Os cruceiros (2003), O Ribeiro: terra, auga e viño (2003), La iglesia y el cementerio de Santa María a Nova de Noia, (2003), Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa (2003), Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2003), Román Martínez de Montaos. Un facendista galego do século XIX (2006), Xosé María Álvarez Blázquez (2007); A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros (2008), Mar adiante. As “xeiras” dos ultreias (2008), As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro (2008), etc.
Conta con máis dun cento de traballos de investigación publicados en diferentes revistas, congresos, estudos preliminares, etc.

Naceu en Vilalba (Lugo) o 24 de abril de 1976. É licenciada en Humanidades e Máster en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade da Coruña. Realizou o programa de Doutoramento “Patrimonio Histórico e Cultural de Galicia” pola dita entidade, e dende hai uns anos está a traballar na súa tese sobre o patrimonio natural e cultural da comarca da Terra Chá, o que compatibiliza co seu traballo como profesora de Ensino Secundario de Xeografía e Historia nos dous últimos cursos e, na actualidade, como bolseira investigadora do Patrimonio Inmaterial do Museo Provincial de Lugo da Vicepresidencia da Deputación Provincial.
Un traballo de investigación adianto da tese doutoral foi o publicado en 2006 baixo o título Itinerarios de arquitectura popular pola Terra Chá. Dese mesmo ano é o libro Lanzós, lembranzas doutros tempos, que realizou con Isabel Pernas Bermúdez, Teresa Burgo García e Sabela Figueira Tenreiro co gallo da realización dunha exposición de fotografía antiga na parroquia vilalbesa de Lanzós, organizada polo Instituto de Estudios Chairegos. Neste ano de 2009 ven de publicar o libro Capelas de Costa. A relixiosidade barroca en San Simón, en coautoría con Sabela Figueira Tenreiro e José Luís Novo Cazón. Ademáis, ten publicados varios artigos de investigación histórica e antropolóxica en diversas publicacións periódicas, programas de festas e revistas especializadas no ámbito da cultura galega e chairega.
Forma parte de asociacións e colectivos culturais na defensa do patrimonio chairego e do ámbito pedagóxico".
Luís Costa (Cambados, 1968) é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999); acadou o doutoramento na área de Música (Santiago de Compostela, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director desde 2006, e no Conservatorio Superior de Vigo. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado ao redor de de unha cincuentena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colectivas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea.
Entre as súas contribucións máis recentes cómpre destacar o ensaio introductorio “Música e ideoloxía na xénese dos grandes cancioneiros folclóricos de Galicia” formando parte dos estudios críticos da reedición do Cancioneiro Musical de Galicia, (Fundación Barrié de la Maza, 2008) e a serie de dazasete colaboracións referidas ás danzas rituais en Galicia, en curso de publicación na obra Tempos de Festa en Galicia (Fundación Caixagalicia, 2006, 2008, e previsto vol III no 2010).
Actualmente é membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega) e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.
O pasado luns, día 27 de xullo, as asociacións veciñais e culturais das comarcas de Lemos, xunto con LugoPatrimonio, presentaron en roldas de prensa celebradas en Lugo e Monforte, o Programa que vai rexer as Xornadas de Outono do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial.
“Unir o científico co popular será un dos obxectivos deste Congreso”, dixo o coordenador, Lois Diéguez, “daí os debates e conferencias que se realizarán por estudosos durante parte do mesmo, e a asistencia aos actos de A Cervela, Castelo e A Ermida, onde se celebrarán os ritos festivos relacionados coa danza e co lume”. Despois destas xornadas que completan as da Primavera, contaremos cunha edición onde se recollerán os estudos e investigacións nos que neste mesmo momento se está a traballar. O próximo día 1 de agosto comeza o prazo para anotarse ao Congreso, que durará até o día 20 do mesmo mes.
Día 3, luns
Entre 18,30 h. e 20 h. Anotacións para a viaxe á Fonsagrada, na Deputación provincial.
Ás 20 h.: exposición de Orlando Viveiro e Hixinio Flores sobre o contido da viaxe á Fonsagrada, na que comentarán imaxes de aspectos etnográficos, artísticos e musicais da comarca. O acto tamén se desenvolverá no salón de actos da Deputación.
Día 8, sábado
Viaxe ás terras da Fonsagrada.- Saída ás 8,30 h. do lugar habitual (fronte ao Instituto Lucus Augusti)
Regreso sobre as 22 h.
As condicións da viaxe son as habituais.
Itinerario: Visita á Fonsagrada e o seu Museo con Mónica Alonso, Seimeiras (fervenzas) do Queixoiro, xantar, Museo etnográfico de Grandas de Salime, encontro con Avelino, ferreiro de Penamaría, e Oliverio Álvarez, constructor de trompas, A Pobra de Burón e Mazo da Porteliña.
Día 30, domingo: Comeza a 2ª parte do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos, segundo o programa adxunto.
CONSIDERAMOS DE MÁXIMA IMPORTANCIA A PARTICIPACIÓN NAS TRES XORNADAS DESTE CONGRESO, POIS DA SÚA ACEPTACIÓN E CONCLUSIÓNS VAI DEPENDER EN GRAN MEDIDA O NOSO TRABALLO A RESPECTO DO PATRIMONIO INMATERIAL.
Lugo, xullo do 2009
Monforte, Castelo (Taboada), A Cervela (O Incio), A Ermida (Quiroga), 30 de agosto, 7 e 8 de setembro
Convocan: LugoPatrimonio, AA.VV. de Salcedo (A Pobra de Brollón), Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Amigos Patrimonio Lemos, Asociación C. As Fachas (Castelo), Asociación Xuvenil e C. Os Turulecas (A Cervela-O Incio), Asociación C. Souto do Val (A Ermida-Quiroga), Asociación de veciños San Martiño de Vilelos (O Saviñao).
Patrocinan: Consellería de Innovación e Industria, Xacobeo, S.A., Consellería do Medio Rural, Agader, Deputación Provincial de Lugo-Área de Cultura.
Colaboran: Concellos de: Monforte e Taboada.
Programa
Día 30 agosto, domingo
(dedicado ás danzas da Cervela - O Incio)
09,30 h.: acreditacións e entrega da documentación.
10,00 h.: acto de inauguración.
10,30 h.: conferencia inaugural O baile e a danza na tradición cultural de Galiza, a cargo de D. Luís Costa Vázquez, licenciado en Musicoloxía.
11,30 h.: descanso.
11,45 h.: Contexto paisaxístico e patrimonial da Cervela, a cargo do escritor Lois Diéguez, escritor.
13,00 h.: saída para A Cervela (O Incio) .
13,30 h.: participación na danza procesional da Cervela.
14,30 h.: xantar colectivo.
16,30 h.: visita á Cervela: aldea,igrexa románica, capela e pozo de San Roque.
18,30 h.: proxeccións comentadas sobre as danzas da Cervela.
19,30 h: mesa redonda con conferenciantes e representantes das asociacións sobre alternativas prácticas para a consolidación destas tradicións.
21,00 h.: cerre da xornada.
Día 7 de setembro, luns
(Dedicado ás Fachas de Castelo (Taboada) e Agucios de Vilelos (O Saviñao)
10,00 h.: conferencia: Os ritos do lume na cultura popular galega, a cargo do profesor D. Clodio González Pérez, historiador e etnógrafo..
11,30 h.: descanso
12,00 h.: As Fachas de Castelo e os Agucios de Vilelos: unha tradición secular, por Dª Carme Pernas, Licenciada en Humanidades e representantes das asociacións convocantes.
14,00 h.: xantar (libre).
16,30 h.: proxeccións comentadas sobre as Fachas e os Agucios.
18,00 h.: saída de Monforte para Castelo.
19,00 h.: visita a Castelo: pazo de Perrelos, sepultura do Sixto, igrexa e castro.
21,00 h.: cea colectiva.
23,00 h.: participación na queima das Fachas en Castelo.
00,30 h.: saída para Monforte.
Día 8 de setembro, martes
(Dedicado ao Meco e as Pampórnigas da Ermida).
10,00 h.: Contexto histórico e patrimonial de Hospital do Incio e A Ermida (Quiroga): a súa relación, conferencia a cargo do profesor D. Isidro García Tato, doutor en Filosofía.
11,15 h.: descanso
11,30 h.: saída para A Ermida.
12,30 h.: participación nos actos procesionais para ver as Pampórnigas e o Meco.
14,30 h.: xantar (libre)
16,30 h.: visita á igrexa e aldea de A Ermida.
18,00 h.: Significado e simbolismo do Meco e as Pampórnigas, por D. X.M. Blanco Prado, Licenciado en Filosofía e Letras.
19,00 h.: conclusións e peche do Congreso.
20,00 h.: saída para Monforte.
Avisos
Para calquera información, nos tfnes.: 676 800 227 ou 656 236 343. Tamén na web, www.lugopatrimonio.org
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.